Este sábado 27 de xaneiro as cinzas de Man, o emblemático artista de orixe alemá que vivía en Camelle (Camariñas) volverán á súa casa, tras finalizarse o proceso de rehabilitación da casoupa que construíra Manfred Gnändinger a rentes do mar. O acto será ás 12 horas e está organizado polo Museo de Man, o concello de Caramiñas e a Deputación da Coruña. Man morreu durante a crise do Prestige, en 2002.
As cinzas de Man ficarán depositadas na súa casa-museo
O acto celebrarase o 27 de xaneiro
31 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Prestige, Deputación da Coruña, Camariñas, Museos

