Catro anos despois da súa morte, comeza a protexerse o leigado de Man de Camelle

Man por Man

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Man, o ermitán da vila camariñana de Camelle, morreu en decembro de 2002, en plena crise do Prestige. Catro anos despois, vanse pór en marcha iniciativas destinadas a protexer e difundir o seu leigado. Ata agora, a chouza e o xardín pétreo no que vivía Man ao carón do mar estaban abandonados, e sometidos a un forte proceso de degradación. Un muro de táboas protexerá provisionalmente o recinto mentres se está a piques de rematar un proxecto de restauración dirixido por expertos en Belas Artes. Os estatutos da Fundación que custodiará o leigado do alemán vanse finalizar en breve e o día 15 de xullo abrirase a Casa de Cultura de Camelle, dedidaca ao alemán, e onde haberá unha sala coa súa obra.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Belas Artes, Prestige, La Voz de Galicia

Claves

Entidades