Constitúese á fin a Fundación Man coa finalidade de preservar o leigado do artista

Dossier: Man

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Constitúese á fin a Fundación Man coa finalidade de preservar o leigado do artista

Despois de seis anos de trámites burocráticos e dificultades, onte constituise en Camelle a Fundación Man, destinada a preservar, difundir e administrar o leigado de Manfred Gnandinger, o artista alemán que construiu un pequeno mundo propio nos cantís da localidade mariñeira de Camelle, no concello de Camariñas. O patronato da Fundación estará presidido polo alcalde de Camariñas, e terá como membros a edís da corporación municipal e asociacións locais de Camariñas. Un dos primeiros obxectivos da Fundación será deter o proceso de deterioro ao que están sometidas as creacións de man nos cantís de Camelle.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camariñas, Asociacións, Culturagalega, Poesía...