A Xunta recupera a historia do castelo medieval da Rocha en formato CD-Rom

CD-Rocha

O castelo medieval da Rocha Forte foi a fortaleza máis grande de Galicia da que hoxe só nos quedan un montón de pedras. A súa importancia dentro do camiño portugués así como a súa historia quedaron constancia no CD-Rom que a Xunta e o Concello de Santiago presentaron onte no Clube Internacional de Prensa. Pero este non é a única actividade que desenvolverán sobre o Castelo da Rocha, xa que ambas as dúas institucións estudian a posible reconstrucción do edificio.

A súa xénese




Trátase dunha iniciativa a varias bandas, porque son moitas as personaxes implicadas neste proxecto. Por unha banda o arzobispado, que é o posuidor deste edificio quen cederá os seus dereitos para que se impulse o turismo do extrarradio. Por outra banda están o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago que serán os encargados de levar e financiar todas as actividades relativas a este proxecto. Uns organismos que fixan nun plano de tres anos (o que coincide co vindeiro Ano Xacobeo) reconstruir parte desta fortaleza dentro do trazado do camiño portugués.



















O CD-Rom





A historia e a importancia do Castelo Medieval da Rocha pode seguirse, desde onte, en formato CD-Rom. Unha reconstrucción do castelo, da súa historia, das lendas e das personaxes que permiten achegarse á edificación levantada en 1240 polo arzobispo Juan Arias. Unha achega que facilitará a viaxe a través da historia deste singular edificio. O CD-Rom foi realizado polo CIT e inclúe a súa ubicación dentor do circuito turístico urbano actual.





O castelo medieval da Rocha



O castelo medieval da Rocha foi no seu momento a fortaleza máis grande de Galicia. A súa ubicación dentro do trazado do camiño portugués outorgoulle unha importancia destacada dentro da tradición peregrina. Lugar de refuxio de numerosos monxes o castelo foi derrubado en 1467 durante a terceira revolta irmandiña. A súa recuperación no seu momento non foi posible xa que os Reis Católicos prohibiron este tipo de monumentos en Galicia. Se se leva a cabo este proxecto, recuperaríase unha das edificacións máis importantes de Galicia.

De momento, dentro da iniciativa sólo existe unha primeira fase. Cun presuposto de 20 millóns de pesetas preténdese realizar estudios cartográficos e históricos sobre a instalación. Un feito que permitiría cimentar as bases dun plano arqueolóxico e de acondicionamento natural. Na actualidade, do castelo consérvanse algúns sotos e escaleiras, o que, segundo os expertos, faría posible unha reconstrucción.