Vigo rehabilitará a fortaleza do Castro para contar o asedio de 1719

Abrirá unha galería de 65 metros hoxe clausurada

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O concello de Vigo vai realizar unha intervención no Castro, a fortificación situada por riba do casco histórico da cidade. O proxecto está centrado en descubrir os elementos históricos e dotar de dispositivos que permitan crear unha narrativa ao redor do asedio inglés á cidade en 1719. Deste xeito, abrirase unha galería de 65 metros agora clausurada, con algunhas partes derrubadas, empregada durante o asedio. Pero no patio de armas do Castro tamén se vai crear unha estrutura de madeira que lembra un galeón e se dotarán de sistemas audiovisuais para recrear a batalla. O concello pensa realizar este proxecto cos fondos Next Generation, pero se non se dan conseguido, será asumido con cargo a outras partidas.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Narrativa, Concello de Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares