Crear un museo céntrico no que se poidan ver restos ou reproducións dos galeóns que interviron na Batalla de Rande. Esta é a proposta que facÃa pública onte o alcalde de Vigo, Abel Caballero. O arqueólogo Javier Luacer será o responsable de elaobrar un anteproxecto para o que o Concello pretende obter o apoio da Xunta e mais fondos europeos. No entanto, a iniciativa coincide en boa medida co Meirande, o centro de interpretación da batalla que está a proxectar o Concello de Redondela e para o que xa obtivo 1,2 millóns de euros de fondos europeos e mais a cesión da antiga Fábrica do Alemán por parte de Costas. Caballero sinalou que o concello de Vigo descoñecÃa esta proposta. Canda a isto, o Museo do Mar tense postulado repetidamente como centro para albergar os restos que se recuperen da batalla e dedicar boa parte do seu espazo a este momento histórico.
Javier Luaces, pola súa banda, sinalou que todas as posibilidades do proxecto están abertas e que hai que barallar aÃnda tanto o contido como as localizacións, "isto é aÃnda un anteproxecto, hai que analizar todas as posibilidades" sinalou. Ao tempo, avogou por evitar solapamentos nos contidos de distintos museos. "Non ten sentido que haxa varios museos, o normal é que haxa unha coordinación, o que non está reñido con que poida haber distintos centros. Un mesmo museo pode ter salas en distinto sitios, pero na miña intención está que se desenvolvan de xeito coordinado".