A proposta do Concello de Vigo de crear na cidade un museo sobre a Batalla de Rande con restos dos barcos afundidos non terá o apoio de Cultura. A ConsellarÃa lembrou que o Museo do Mar actúa como coordinador das actuacións de arqueoloxÃa subacuática do paÃs, e como tal, albergará "todas as pezas que se extraian das prospeccións" deste tipo, desbotando a posibilidade de que outro lugar acolla pezas destes galeóns. Ao tempo, a Asociación Cultural e Deportiva de Redondela, promotora do proxecto do centro de interpretación Meirande, neste concello, saÃu onte en defensa do seu proxecto, que conta xa con fondos da Feder para se pór en marcha.
Con esta resposta, Cultura desbota tamén as reclamacións que nas últimas semanas se estaban a facer desde a Costa da Morte. Diferentes concellos e institucións desta zona solicitaban que os restos que se recuperen dos pecios afundidos na zona, como as pezas extraÃdas este verán da RÃa de Corcubión, fiquen expostas en museos da comarca.