O Concello de Vigo súmase á busca dos galeóns de Rande

O alcalde baralla a posibilidade reconstruír un dos pecios

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Se xa estaban a Consellaría de Cultura e mais o Ministerio de Defensa a traballar na localización de galeóns afundidos na Ría de Vigo, agora súmase a estas investigacións o Concello de Vigo. O alcalde da cidade, Abel Caballero, anunciou que encargará o seu propio estudo para coñecer o estado destes restos. O rexedor recolleu a idea que propuxeran hai meses diferentes colectivos da cidade de crear un centro expositivo dedicado á batalla de Rande, e baralla a posibilidade de reonstruír un dos buques afundidos para o amosar.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Rande, Abel Caballero, Ría de Vigo

Claves

Protagonistas
Entidades