Cultura desbota a recuperación dos galeóns de Rande

Patrimonio continuará a elaboración da Carta Arqueolóxica Subacuática de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O proxecto de recuperar e reconstruír un dos galeóns afundidos na Ría de Vigo durante a batalla de Rande non poderá facerse realidade. A Consellaría de Cultura considera que a UNESCO é contraria a proxectos coma este, ao recomendar que os pecios se manteñan mergullados. O departamento, no entanto, retomará as prospeccións arqueolóxicas nesta zona. Do mesmo xeito, empregará o soto do Museo do Mar de xeito provisorio para conservar e manter os restos que resulten das investigacións submarinas feitas en Galicia, e está a estudar a posibilidade de que o Museo albergue o futuro Centro de Arqueoloxía Subacuática. Do mesmo xeito, Patrimonio continuará a elaboración da Carta Arqueolóxica Subacuática de Galicia para localizar de xeito detallado os restos que se conservan nas nosas costas.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rande, Arqueoloxía, UNESCO, Ría de Vigo

Claves

Entidades
Conceptos