Unha expedición explorará este verán os galeóns de Rande

Explorar Rande

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Consellaría de Cultura iniciará este verán unha nova campaña de exploración na zona na que se atopan os galeóns afundidos durante a Batalla de Rande. Así o asegura hoxe Felipe Arias no “Atlántico Diario”, e indica ademais que será o arqueólogo vigués Javier Luaces o encargado de dirixir a expedición. O obxectivo desta investigación será localizar con precisión os galeóns e constatar o estado de conservación dos pecios. Será a segunda exploración que encarga este departamento, despois de que noutra campaña anterior verificasen a localización dos buques.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rande, Atlántico, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares