Localizados sete galeóns da Batalla de Rande nunha nova prospección

Dosier: galeóns de Rande

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A segunda das prospeccións arqueolóxicas que o equipo dirixido polo arqueólogo Javier Luances realizou pola ría de Vigo revelou a posición de sete galeóns afundidos durante a Batalla de Rande. A expedición tivo lugar entre o 7 e o 11 de xullo e fai parte dunha investigación que desenvolve a Universidade de Vigo e a Consellaría de Cultura. As primeiras tomas de contacto tiveron lugar o ano pasado e o obxectivo é esclarecer que patrimonio hai mergullado no fondo da ría. De momento sábese que hai restos de trinta embarcacións e, á falta de analizar polo miúdo toda a información obtida, algunhas delas están en boas condicións.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rande, Universidade de Vigo, Ría de Vigo, Culturagalega...