O concello de Nigrán investirá 345.000 euros na posta en valor do castro de Chandebrito

Exhumaranse 500 metros cadrados do recinto superior

26/10/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O castro de Chandebrito, no concello de Nigrán, converterase no novo xacemento arqueolóxico que contará cunha intervención arqueolóxica de grande alcance. O municipio investirá 345.000 euros nunha intervención arqueolóxica que calcula unha escavación de 500 metros cadrados na zona superior do castro, en dous recintos sucesivos delimitados por murallas, e unha posible pequena intervención no exterior, onde o xeorradar localizou novas estruturas arqueolóxicas. A intervención incluirá tamén a interpretación con paneis do xacemento. O autor do proxecto de intervención, Celso Hugo Barba, destacou o bo estado de conservación do xacemento debido á ausencia de plantacións forestais. O castro de Chandebrito ten sido obxecto de intervencións anteriores en diferentes puntos, como unha restauración dun tramo de 110 metros dunha das murallas. O castro foi habitado desde o século VIII antes de Cristo.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Nigrán, Nigrán, Arqueoloxía

Claves

Conceptos
Lugares