Consolidan a primeira muralla do castro de Chandebrito

Trátase da área fortificada do século VIII a.C.

10/5/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os restauradores xa se atopan no castro de Chandebrito (Nigrán) para restaurar e consolidar a muralla que cingue o recinto superior do castro, no que está documentada actividade nos inicios da Idade do Ferro, ao redor do século VIII a.C., e que converten a este xacemento nun dos poucos en Galicia con restos visibles e musealizables dese período tan antigo. Para esta intervención, efectuada por Árbore Arqueoloxía, consignouse unha partida de 13.000 euros. Restauraranse aproximadamente uns 110 metros cadrados de muralla. Adicionalmente, o concello de Nigrán pensa solicitar un proxecto para escavar outros 400 metros de terreo entre esta muralla e o recinto inferior, para o que se prevé aproveitar un remanente de tesourería de 11.000 euros.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nigrán, Idade do Ferro, Arqueoloxía, Concello de Nigrán

Claves

Lugares