Arteixo expropiará os terreos do castro da Pastoriza

Realizará unha intervención de posta en valor con sinalética e sendas

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O castro da Pastoriza

O castro da Pastoriza

O concello de Arteixo expropiará os terreos onde está localizado o castro da Pastoriza, co obxectivo de poñelo en valor e realizar unha serie de intervencións que inclúen sinalética interpretativa e sendas, de acordo co proxecto realizado para o concello por Malde Arqueoloxía. As intervencións inclúen tamén a prospección por xeorradar do xacemento, co obxectivo de coñecer que tipo de estruturas están preservadas baixo a superficie. O xacemento consta dun gran recinto central rodeado por dúas murallas circulares concéntricas.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía, Concello de Arteixo

Claves

Conceptos
Lugares