Patrimonio autoriza a instalación de tuberías baixo uns petróglifos en Arteixo

A estación de arte rupestre ficará no mesmo emprazamento e haberá unha posta en valor

15/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Dirección Xeral de Patrimonio autorizou a intervención nunha estación de arte rupestre, composta por motivos circulares e coviñas, ubicada preto do lugar de Nostián (A Pastoriza/Arteixo) para permitir a instalación dun poliducto de Repsol dirixido ao porto exterior da Coruña. A intervención suporá a retirada temporal dos motivos circulares, ubicados na parte alta do conxunto, a partir dun corte na pedra. As tuberías instalaranse nunha zanxa por baixo da súa ubicación orixinal e, ao rematar a obra, os petróglifos serán restituidos na posición e postos en valor a partir de sinalética e paneis informativos.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arteixo, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Lugares