"Vimianzo converteuse no concello con máis estacións de arte rupestre de toda a Costa da Morte", explican desde o colectivo A Rula, dedicado á arte rupestre galega. Ese palmarés consolidouse co achado de novas estacións de arte rupestre por parte do colectivo, non moi lonxe da xa catalogada SomontemÃo 1, na parroquia de Trasouteiro. Membros do colectivo estaban preparando un roteiro recente, cando localizaron o novo conxunto rupestre ao carón da estación xa coñecida. "Existe unha regra non escrita que di que unha estación de petróglifos non adoita atoparse soa", explican desde A Rula. O novo petróglifo atópase nun afloramento granÃtico e está composto por os sÃmbolos "propios da arte atlántica, con gravados de tipoloxÃa xeométrica, os chamados 'cups and rings' (coviñas e aneis'. Os petróglifos están distribuÃdos por nove paneis e atópanse en bo estado de conservación, aÃnda que no seu tempo foi afectado polo traballo dos canteiros. Curiosamente, un dos paneis ten como soporte unha pedra que xa fora cortada por estes e que desbotaron, deixándoa pousada sobre a peneda". Ao estudar a nova estación SomontemÃo 2 en conxunto coa xa coñecida de SomontemÃo 1 A Rula considera que "forman un conxunto de elevado interese, tanto polo abundante número de gravados como polo grande tamaño dalgúns dos motivos representados", entre os que destaca "unha espiral inscrita nun anel", pouco frecuente en Galicia. Unha caracterÃstica do conxunto é que os petróglifos foron elaborados en dúas fases, e na segunda se regravaron, reinterpretaron ou reutilizaron motivos xeométricos. Entre os motivos
O colectivo A Rula localiza un importante conxunto de arte rupestre en Vimianzo
Consta de nove paneis con motivos xeométricos ou circulares
