Localizan un conxunto de petróglifos nun valo de Vilanova de Arousa

Son combinacións circulares e coviñas procedentes dun xacemento sen identificar

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O petróglifo de Deiro. Foto: Colectivo A Rula

O petróglifo de Deiro. Foto: Colectivo A Rula

La Voz de Galicia publicou hoxe un novo achado de petróglifos, desta volta incorporados ao peche dun valo na parroquia de San Miguel de Deiro (Vilanova de Arousa). Trátase de dúas combinacións circulares e coviñas que foron extraídas dalgunha estación rupestre e incorporadas á construción. As gravuras foron localizadas por Manuel Santiago Brandón, membro da Brigada Forestal do concello, quen estaba a desbrozar a área e se fixou nun dos motivos. A pedra ten 120 centímetros de longo por 46 de ancho e conserva vinte coviñas xunto con dous motivos circulares, un deles moi desgastado e que só foi recoñecido tras o emprego de técnicas fotogramétricas. Segundo o Colectivo A Rula, quen investigou o achado e o comunicou á Dirección Xeral de Patrimonio, o petróglifo debeu ser movido desde o seu lugar de orixe e suxiren que poden existir máis gravuras aínda nese lugar. A Rula tamén sinalou que o achado de petróglifos extraídos do seu emprazamento e incorporados a construción non deixan d ser "feitos testemuñais e pouco frecuentes en relación coas descubertas de petróglifos ao ar libre".

Fotogrametría do petróglifo


Colectivo A Rula

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vilanova, Arousa, Colectivo A Rula, Dirección Xeral de Patrimonio...