Localizan oito novas estacións de arte rupestre no concello de Silleda

Entre elas inclúense a representación dunha alabarda

15/4/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Petróglifo de Espiñeira 1. Foto: Colectivo A Rula

O colectivo A Rula e Daniel González Alén, cronista oficial do Deza, deron conta onte da localización de oito novas estacións de arte rupestre na parroquia de Santa María de Cortegada, no concello de Silleda. Os achados supoñen a ampliación do número de paneis de estacións xa coñecidas como A Espiñeira 1 e novas estacións na paraxe coñecida como Castelao, nos que sobrancea unha posible alabarda (unha arma representada noutras estacións da Idade do Bronce en Galicia). Os petróglifos e a súa localización poden ser consultados no web do colectivo A Rula.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Silleda, Colectivo A Rula, Castelao, Idade do Bronce...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares