Identifican dez novas estacións de arte rupestre en Oza-Cesuras

Os achados modificaron a implantación dun parque eólico

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Estación da Revolta da Camposa. Foto: Colectivo A Rula

Estación da Revolta da Camposa. Foto: Colectivo A Rula

Dous veciños da parroquia de Santa María de Regueira, Bruno Prada e Santiago Seoane, localizaron varios conxuntos de petróglifos nas inmediacións dos lugares do Freixo, Mundín, Penabelá e A Campiña. Os achados conseguiron modificar o plan do Parque Eólico Seselle, promovido por Galenergy e Greenalia, co recoñecemento de cinco das estacións por parte da Administración autonómica. Pero o espazo, recoñecido e estudado polo Colectivo A Rula, rematou coa localización doutras cinco máis. Os motivos representados corresponden ao considerado como 'grupo xeométrico', no que sobrancean as combinacións circulares, e a preferencia por localizalos en penedos que sobrancean na paisaxe e de dimensións superiores os dous metros. "Dada a importancia das descubertas", indican desde o colectivo A Rula, "tamén debera servir para promover a prospección minuciosa dunha zona que está a amosar unha destacada concentración de xaceentos rupestres".

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colectivo A Rula, Paisaxe

Claves

Entidades
Conceptos