Localizan novos petróglifos e unha mámoa no concello de Santiago

O colectivo A Rula identificounos na parroquia de Figueiras

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Petróglifo de Rego de Porto Marelo 2. Foto: Colectivo A Rula

Petróglifo de Rego de Porto Marelo 2. Foto: Colectivo A Rula

O Colectivo A Rula fixo pública a localización de tres novas estacións de arte rupestre e unha mámoa no val de Figueiras e no monte de Parabeche, en Santiago de Compostela. Os petróglifos atópanse nas ladeiras do rego de Porto Marelo. No caso do petróglifo de Porto Marelo 2, destaca unha gran combinación circular de cincuenta centímetros de diámetro e sobre todo unha figura idoliforme con paralelos no petróglifo de Outeiro do Corno e noutros puntos da costa galega e cantábrica. Os petróglifos de Sixto de Fóra 1 e 2 contan no primeiro caso con numerosas coviñas e foi seriamente afectado pola extracción de pedra. No segundo caso, o petróglifo amosa combinacións circulares. Por último, a mámoa foi localizada na contorna do cruceiro de Parabeche e ten "boas dimensións e aparente boa conservación", cun diámetro de vinte metros.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colectivo A Rula, Concello de Santiago, Santiago de Compostela