O traballo de documentación dunha nova ruta de sendeirismo na ribeira media do Ulla levou ós técnicos do concello de Touro (A Coruña) á localización dunha nova mostra de arte rupestre que supón o primeiro petróglifo no seu territorio. Achado entre as parroquia de Circes e Calvos de Socamiño, o petróglifo está localizado no Monte da Pena Furada na beira do chamado Camiño das Chousas, que cruza o monte e enlaza coa estrada que comunica as dúas parroquias. A espera dun pormenorizado informe patrimonial, a Asociación Cultural Colectivo A Rula elaborou un informe sobre o descubrimento. O veciños das parroquias de San Martiño de Calvos de Socamiño e Santa María de Circes xa coñecían este antigo ben cultural, un fito de referencia na paisaxe que mesmo da nome ao monte da súa contorna. O petróglifo non figura en ningún catálogo e publicación coñecida, e por tanto, tampouco no actual inventario patrimonial que inclúe o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Touro aprobado no ano 2010.
Os gravados distribúese pola superficie dunha pena de lousa de case dous metros de longo por un metro de largo situado case a rentes do chan. O petróglifo conta como motivos principais máis de corenta coviñas e cazoletas de forma redondeada e ovoide distribuídas por case a totalidade da superficie da pena. As dimensións dos motivos oscilan entre os dous e os 12 centímetros e a súa fondura, entre 1 e 3 centímetros, segundo destaca o informe do colectivo A Rula. A rocha consérvase fragmentada, probablemente a causa da actividade extractora dos canteiros. É razoable pensar, que o número dos motivos fora maior. Os investigadores do Colectivo A Rula consideran necesario adoptar un pequeno plan de actuación que inclúa a súa catalogación seguida de, con certa urxencia, varias medidas preventivas dirixidas a garantir a súa conservación. Dada a simplicidade dos deseños desde este colectivo ven complicado aventurar unha cronoloxía e precisar un período concreto da prehistoria na que fosen elaborados, podendo abranguer un período que vai dende finais do Neolítico ata finais da Idade de Bronce.