Danan un conxunto de petróglifos no rural compostelán

Fora catalogado pola Xunta trala súa localización

24/10/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Panel danado do petróglifo. Foto: Colectivo A Rula

O activista patrimonial Elixio Vieites deu conta en historiadegalicia.gal dunha grave afección inflinxida ao petróglifo Agro do Campo 3, na parroquia rural de Villestro, en Santiago de Compostela. O petróglifo fora localizados polo Colectivo A Rula, que informara da súa existencia á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e esta procedera, recentemente, á súa catalogación. O petróglifo foi danado, aparentemente, por un tractor de cadeas durante tarefas de explotación da finca. Segundo indica A Rula, o panel 1 do petróglifo ficou totalmente destruido, e os outros paneis sufriron tamén danos, aínda que menores.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio, Xunta de Galicia, Colectivo A Rula, Santiago de Compostela