Danan o petróglifo do castriño de Conxo

O concello de Santiago presentou unha denuncia á Xunta

20/5/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Foto: Concello de Santiago

O petróglifo do Castriño de Conxo, en Compostela, foi obxecto dunha agresión con obxecto punzante que recalcou as gravuras. Esta estación de arte rupestre contén un importante conxunto de insculturas da idade do Bronce, no que destacan as súas armas, e atópase na veciñanza do casco urbano de Santiago de Compostela. A agresión, identificada a semana pasada polo Colectivo A Rula, consistiu na eliminación da capa de liques da laxe e no repaso dalgunhas das figuras "aparentemente cun obxecto punzante", segundo informou o concello de Santiago. O organismo municipal denunciou os feitos ante a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e a Policía Autonómica.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Conxo, Concello de Santiago, Idade do Bronce, Colectivo A Rula...