O grupo escultórico 'A Familia' obra do artista Buciños colocada no espazo público de intersección entre a Vía Norte de Vigo e Urzáiz ven de ser obxecto dunha agresión con furto. O conxunto, consistente en catro pezas figurativas de bronce nun banco de granito, representando a un pai e unha nai cun fillo e unha filla, apareceu sen a figura dun dos proxenitores, arrincada e desaparecida, segundo informa o xornal La Voz de Galicia na súa edición local de Vigo. A obra xa foi vandalizada e fragmentada en abril do ano 2022, sendo devolta ao seu estado orixinal en 2023. Arestora unha das figuras infantís estaba retirada en proceso de restauración tras outra agresión, segundo indica o xornal.
A obra foi instalada no ano 2019 como parte do proxecto de humanización da rúa na que se atopa. Buciños é o sobrenome do artista Manuel García Vázquez, que toma da parroquia luguesa onde naceu en 1938. A súa obra caracterízase pola convivencia entre volumes redondeados e espazos baleiros, traballando tanto obra monumental como a escultura de pequeno formato. A da familia é unha temática recorrente no escultor lugués, realizando obras dedicadas ao vínculo entre nais, pais e fillos desde a década dos setenta. Este roubo dunha obra de arte en espazo público ven sumarse a unha longa lista de furtos e agresións ocorridos por todo o territorio nos pasados anos, como o Atalante de Manuel Coia en Punta Nariga, entre outros, co que este roubo ten similitudes e incide no debate sobre o respecto ao patrimonio e á arte en espazos públicos e a súa seguridade.