Aberta unha investigación para detectar unha agresión a un petróglifo santiagués

A Gentalha do Pichel difunde unha guía cos gravados pétreos da zona

23/8/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Detalle do Castriño de Conxo. Fonte: castrosgalaicos.blogspot.com

O concello está a investigar un posible atentado no petróglifo do Castriño de Conxo en Santiago de Compostela. Así o publica hoxe a edición local de La Voz de Galicia que asegura que o concello acaba de redactar un informe sobre a situación do gravado logo de a asociación cultural a Gentalha do Pichel denunciara a aparición dun buraco de certa profundidade na roca. Esta mesma asociación difunde un tríptico (titulado Compostela gravada na pedra) no que sinaliza e documenta os principais petróglifos da comarca compostelá.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gentalha do Pichel, Guía, La Voz de Galicia, Conxo...