Unha asociación recupera o Apalpador, unha figura típica de Nadal

Apalpa que algo queda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O “Apalpador” é unha das tradicións galegas de Nadal que se festexaba no Courel. Este personaxe era un vello xigante que tiña como oficio ser carboeiro e que vivía nas devesas de alta montaña. No Nadal baixaba ás aldeas para apalpar as barrigas dos nenos para comprobar que estaban ben alimentadas e deixáballes unha morea de castañas quentes. Esta figura propia está a ser recuperada pola asociación cultural a Gentalha do Pichel a través de información no sitio web e a edición de material variado. Canda esta iniciativa, A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de publicar unha serie de recomendacións para aproveitar o noso idioma nos regalos propios destas datas.

Máis información no web da Asociación A Gentalha e no de Política Lingüística

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nadal, Política Lingüística, AGAL, Secretaría Xeral de Política Lingüística...