Política Lingüística anuncia a creación dun observatorio sobre a situación da lingua

A lingua máis observada

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Un novo observatorio analizará a situación da nosa lingua na sociedade e vixiará o desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización. A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten en marcha o proceso de contratación deste organismo, que posúe entre as súas misións desenvolver estudos sociais sobre o emprego da lingua. Este Observatorio súmase ao que xa ten en marcha a Mesa pola Normalización sobre Dereitos Lingüísticos e ao Observatorio Galego da Lusofonía que mantén o Instituto Galego de Documentación e Análise Internacional, e comparte en certa medida os obxectivos do Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura.

Máis información web da Secretaría Xeral (en formato doc); o observatorio da Mesa o observatorio da Mesa, o Observatorio da Lusofonía no web da IGADI; web do CDSG

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Lusofonía, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Consello da Cultura Galega