Marisol López anuncia a creación dun consorcio interadministrativo mentres avoga polo uso do idioma no ámbito doméstico

Entre o lecer e a familia

8/3/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
25 lecturas | Compartido 0 veces
Os obxectivos da Secretaría Xeral de Política Lingüística para este 2007 céntranse no ámbito doméstico. Así o explicou a titular deste departamento, Marisol López, no Parlamento. Nese sentido presentará unha campaña para que as nais empreguen o galego cos seus fillos, outra para publicar cedés con contidos de interese para os máis cativos e a campaña “Eu son”, un programa dirixido a 85.000 nenos de Galicia. Ademais, a secretaria anunciou a creación dun Consorcio para a Planificación Lingüística que actuará en colaboración con concellos e deputacións, para facer chegar as súas propostas a todos os ámbitos.

Máis información en El Correo Gallego, en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe e no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, El Correo Gallego, La Voz de Galicia...