A penas inauguradas as accións de posta en valor do conxunto arqueolóxico do Monte Penide, unha das estacións de arte rupestre do monte, o Chan da Cruz, viuse afectada por unha acción vandálica que gravou marcas cun obxecto punzante sobre os motivos artÃsticos prehistóricos. Ademáis, o valado perimetral que demarca a estación foi rota xa dúas veces no que vai de mes, segundo informa Faro de Vigo. As accións prodúcense trala posta en valor do Monte, considerado como unha das necrópoles megalÃticas máis estensas do paÃs, e que ademáis alberga numerosos restos da Idade do Bronce (petróglifos) ou do Ferro (un castro).