A posta en valor revela novos sitios arqueolóxicos no Monte Penide

Será presentado o venres en Redondela

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
"Menhir ou ídolo" da Idade do Bronce inédito. Foto: Monte Penide Prehistórico

"Menhir ou ídolo" da Idade do Bronce inédito. Foto: Monte Penide Prehistórico

O Monte Penide, en Redondela, é unha das maiores concentracións de mámoas e enterramentos megalíticos de Galicia, e acaba de poñerse en valor. Os resultados exporanse no salón multiusos de Redondela este venres pola tarde, pero os arqueólogos xa adiantaron moitas novidades: cinco túmulos e seis petróglifos inéditos nesta área montañosa do concello pontevedrés. Entre eles, un "singular menhir ou ídolo con gravados da Idade do Bronce" preto do Castro de Negros, segundo sinalou o director da intervención, Xurxo Constenla, a Faro de Vigo. O proxecto conta con perfil de Facebook, terá un "museo virtual" e un documental divulgativo.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Redondela, Documental, Idade do Bronce, Facebook...

Claves

Entidades
Lugares