O parque Compostela Rupestre comeza a executar as accións programadas

Adquisición de terreos e a construcion dun centro de interpretación entre os proxectos inmediatos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O concello de Teo acordou onte a xuntanza dos representantes municipais dos cinco concellos que conforman o Parque Compostela Rupestre. Os concelleiros de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra acordaron comezar as accións prácticas de posta en marcha do parque sinaladas no plan director do proxecto. Deste xeito, licitarán de maneira conxunta a limpeza e o mantemento de todos os conxuntos de petróglifos cos que se traballará, ademais de implementar un sistema de xeolocalización e fichas de catalogación. Tamén se acordou a adquisición das fincas nas que se atopan as estacións de arte rupestre do monte Piquiño, en Teo, a través da fórmula da expropiación, por 50.000 euros e a creación do CIRVI (Centro de Interpretación Rupestre de Villestro), acondicionando a antiga escola deste lugar do concello de Santiago, por un custe de 150.000 euros.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Teo, Concello de Santiago, Brión, Ames...