Localización dos petróglifos do parque Compostela Rupestre
Un total de 145 petróglifos integrados no Parque Compostela Rupestre recibirán coidados de limpeza e de desbroce ao longo dos vindeiros meses. A entidade da que participan os concellos de Santiago, Teo, Ames, Brión e Val do Dubra canda á Deputación da Coruña, licitou o contrato para estes traballos, que contará cun orzamento total de 125.000 euros.
Segundo adianta La Voz de Galicia, a primeira fase dos traballos licitada achegará 85.023 euros para realizar limpezas e desbroces sobre estes elementos patrimoniais, que implicarán o uso de maquinaria para as zonas de acceso e que se realizarán de maneira manual nas proximidades das pezas.
Nunha segunda fase licitaranse os traballos correspondentes ao resto dos fondos previstos, que están pendentes de autorizacións para actuar.
