Santiago, Ames, Teo, Brión, Vedra, Boqueixón e Val do Dubra son os concellos que están a traballar de xeito mancomunado co apoio da Deputación da Corña para crear o Parque Compostela Rupestre. Este proxecto, primeiro que se desenvolve no noso país en base á cooperación intermunicipal, pretende dar a coñecer o rico patrimonio de gravados pétreos que existe nesta área. a actualidade, os plenos dos diferentes concellos están a votar a súa adhesión a este proxecto, que contará cunha presidencia rotatoria e con representantes de todos os membros no seu consello de goberno.
Unha mancomunidade de concellos bota a andar o Parque Compostela Rupestre
Santiago, Ames, Teo, Brión, Vedra, Boqueixón e Val do Dubra participan do proxecto
22 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Explorar o Universo desta nova
Descobre máis noticias relacionadas con Vedra, Brión, Teo, Ames


