Onte reunÃronse por primeira vez os Consellos director e asesor do proxecto Compostela Rupestre para avanzar nas liñas mestras do plano director do parque arqueolóxico. O proxecto, promovido pola Deputación da Coruña, porá en valor o amplo conxunto de petróglifos da área. Na xuntanza revelouse que o listado de estacións de arte rupestre dos concellos de Ames, Brión, Santiago de Compostela, Val do Dubra e Teo incrementouse con respecto á previsión inicial en 50 novos petróglifos, ata chegar ás 150 estacións arqueolóxicas. Falamos co arqueólogo Manuel Sántos Estévez, director cientÃfico do proxecto, para coñecer máis en detalle o proxecto que está a deseñar xunto coa empresa Trivium.
Que caracteriza á arte rupestre da área de Compostela?
MS: É unha zona de arte rupestre atlántica. Sabemos que as zonas de maior densidade de estacións e onde aparecen os petróglifos máis monumentais son en zonas costeiras, especialmente en Galicia e no norte de Portugal. Nun estudo que fixeramos hai tempo xa constatamos que a maior densidade de arte rupestre adoita chegar ata uns 30 ou 35 quilómetros da costa. Santiago está no lÃmite desa área. Se nos movemos cara o interior a densidade descende considerablemente.
A que se debe esa concentración no litoral?
MS: Hai dous factores que xogan na distribución. Un, como acontece en case toda Europa, é o grande peso da tradición. Se nun lugar, nun momento dado, se comezan a gravar petróglifos, estas tradicións prolónganse durante moitÃsimo tempo, milenios. Hai poucos fenómenos culturais que teñan unha persistencia no tempo tan grande como a acumulación de petróglifos. No occidente de Galicia grávase desde o NeolÃtico ata a Idade Media. O que si se advirte é que unha vez que aparece a escritura a arte rupestre comeza a decaer. O que acaba de matar a arte rupestre seguramente sexa a alfabetización xeneralizada. Por outra banda, está a vinculación co mar. Hai lugares que pola súa configuración xeográfica o mar xogou un papel moi importante, como é o caso de Escandinavia ou Galicia.
Cales son os motivos máis frecuentes nesta zona?
MS: Os elementos máis representativos son os xeométricos. As coviñas, combinacións circulares, e despois puntualmente tamén hai algún caso de representacións de armas da Idade do Bronce e tamén algún caso de cuadrúpedes, cervos, cabalos, etc. Ten todo o elenco da tradición gráfica atlántica ibérica pero cun peso considerable a favor dos elementos xeométricos.
As novas estacións de arte rupestre documentadas introducen cambios nesa visión?
Non, os cincuenta petróglifos novos confirman esa distribución. As zonas de maior concentración de arte rupestre seguen a ser Santiago, Teo e Ames, e en menor medida Brión e Val do Dubra.
Que pasos estades a dar para poñer en marcha o parque?
MS: En primeiro lugar un catálogo completo de toda a arte do territorio de Compostela ruepstre. Todas as pedras van estar xeolocalizadas, con fotografÃas noturnas e diurnas, fotogrametrÃas e un estudo completo que permita elaborar un sistema de información xeográfica con esta información, estruturándoa e unificándoa. O segundo paso será propoñer unhas medidas de protección para todos estes petróglifos. E escolleranse os sitios arqueolóxicos nos que se fará unha posta en valor e que se prepararán para ser visitables. Escolleranse os que se consideren máis acaÃdos e de maior interese para o público polo seu carácter divulgativo e accesibilidade.
Cales serán eses sitios?
MS: Estamos pensando nos petróglifos do Castriño de Conxo ou os da zona de Villestro, en Santiago de Compostela, a zona de Cornide e o contorno do Castro Lupario en Teo, integrando o mesmo castro, e os sepulcros da Pedra do Home, en Val do Dubra, aÃnda que estes non son arte rupestre prehistórica, senón un espazo medieval. Pode haber algúns máis. O obxectivo é sinalizalos, adecuar o acceso, esplicalos e despois unha parte importante é a recuperación paisaxÃstica deses espazos. Non se trata só de facilitar o acceso. Conservar a arte rupestre é inseparable da conservación do seu contorno. Por exemplo, sabemos que un dos principais factores de destrución dos petróglifos son os incendios, asà que cómpre eliminar toda a vexetación que poida provocar que se produzan lumes na zona das estacións. Por exemplo, os petróglifos da área de Villestro son dos máis afectados polos lumes.
Cando remataredes?
MS: Temos que ter rematado o plan no verán. É moito traballo pero temos a sorte de contar con asociacións e grupos como o Colectivo A Rula que nos están a axudar moito.