O ensanche dunha pista en Lalín deixa visibles dúas estacións de arte rupestre

Solicitan a paralización das obras

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Un conxunto de petróglifos de Bermés estiveron a piques de ser desaloxados por segunda vez da súa localización pola construción dun camiño. Trátase de cando menos dúas laxes que xa foran crebadas para ampliar ou anchear un antigo camiño, e que se atopaban na beira dunha pista que ía ser ampliada recentemente na parroquia de Bermés (Lalín). Varios veciños da parroquia decatáronse de que as pedras tiñan un certo número de coviñas e contactaron co experto local Daniel González-Alén, que se decatou da importancia do conxunto de gravuras, que consisten sobre todo en coviñas conectadas por canles e combinacións circulares. Segundo González-Alén, o estilo das gravuras é similar a outras estacións da comarca. Daniel González-Alén reclamou ao concello que paralice as obras e proceda coa Dirección Xeral de Patrimonio.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Lugares