O Colectivo A Rula publicou no seu blog unha información en relación ao marco de Eira dos Mouros (Cenlle, Ourense). Trátase dunha antiga posible pedrafita ubicada nunha zona de varios xacementos arqueolóxicos chamada Eira dos Mouros, nas proximidades dos lÃmites municipais de Ribadavia e Cenlle, que podÃa ter sido xa empregada como marco divisorio mesmo no século X. A pedra presenta gravados de coviñas pero tamén dúas espirais, que son motivos moito menos frecuentes que as combinacións circulares dentro do ámbito da prehistoria galega. O Colectivo A Rula advertiu que o marco se atopa en perigo polo seu "avanzado deterioro". Segundo a antidade, "detectamos a existencia dunha fenda nunha esquina da pedra. Esta atravesa a espiral inferior, a de maiores dimensións, e pon en perigo a súa conservación". A Rula solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio a catalogación do marco e a súa restauración para estabilizar a fenda.