Investigarán o xacemento de San Tirso de Portocelo en Xove

As escavacións centraranse no foxo do castro

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Nun espectacular emprazamento da costa da Mariña atópase unha ermida en ruínas, San Tirso de Portocelo, construída sobre un antigo castro que aínda conserva o seu foxo. No lugar estivo posiblemente emprazado un mosteiro medieval construído por un diácono de Coímbra que fuxira da invasión musulmana a finais do século VIII. Agora, o concello de Xove contratou unha intervención arqueolóxica que ten por obxectivo coñecer máis sobre o xacemento arqueolóxico. Con todo, a intervención realizarase no foxo do xacemento, xa que os terreos do interior, onde se atopan as ruínas da ermida, pertencen á Igrexa. O concello xa adquiriu o ano pasado os terreos que rodean a capela de San Tirso.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía

Claves

Conceptos