Pobra do Brollón volve á 'arqueoloxía de aldea'

Limparán o xacemento fortificado das Penas do Castelo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O xacemento de Penas do Castelo nun modelo dixital de terreo.

O xacemento de Penas do Castelo nun modelo dixital de terreo.

Na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón) existe un castro emprazado a media ladeira, nun espectacular tramo do río, chamado As Penas do Castelo. O xacemento está nunha pendente espectacular e protéxese cun foxo e unha importante muralla que rodea a fortificación. "Todo parece apuntar", sinalan desde o concello da Pobra do Brollón, "que se trata dun castelo altomedieval de considerables dimensións, aínda que non se descarta que puidera ter un uso anterior". O concello avisou que a finais de xuño se realizará unha limpeza vexetal con control arqueolóxico que permitirá entender un pouco máis a fortificación. No proxecto participan o concello da Pobra do Brollón, a Asociación de veciños de Salcedo e a comunidade de montes da parroquia, coa intención de conectala cos distintos recursos turísticos do concello. Abriron diferentes sedes en redes sociais para crear unha comunidade virtual veciñal que coñezan os progresos da investigación e posta en valor.

Que che parece esta nova?
97 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O castro menos castro

O castro menos castro

A nova intervención en Penas do Castelo desvela unha estrutura inédita na Idade do Ferro galega

A porta que morreu parando un incendio

A porta que morreu parando un incendio

A nova campaña arqueolóxica nas Penas do Castelo (A Pobra do Brollón) revela as trazas da porta orixinal do castro e un intrigante petróglifo

Un castro entre dous mundos

Un castro entre dous mundos

Datacións presentadas hoxe revelan que o castro de Penas do Castelo (A Pobra do Brollón) é un dos máis antigos de Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pobra do Brollón, Castelo, Arqueoloxía, Medios de comunicación