Aínda que a nova campaña de restauración e escavación no xacemento de Penas do Castelo (Salcedo, Pobra do Brollón) foi pequena en superficie, os achados revelaron novas peculiaridades da que é unha das fortalezas máis singulares da prehistoria galega. Entre elas, novidosas características no sistema defensivo, un curioso petróglifo e un incendio conxelado (ou máis ben carbonizado) no tempo.
"Levamos douscentos metros cadrados e non saíu un só anaco de cerámica!", afirma Benito Vilas, responsable desde a empresa Árbore Arqueolóxica das diferentes campañas levadas a cabo no castro de Penas do Castelo, así como da campaña de restauración deste verán. A campaña está financiada pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia coa colaboración do concello da Pobra de Brollón, a comunidade de montes e a asociación veciñal de Salcedo.
Traballos de restauración. Fotos: Equipo arqueolóxico
A afirmación non é menor. "O único que nos aparecen son fragmentos de escoura de ferro e catro, literalmente, catro afiadores", explica. O rexistro arqueolóxico é especialmente desconcertante se o poñemos en comparación coa envergadura do sistema defensivo e das murallas do xacemento. Aínda que a maior parte do esforzo escavador se concentrou na muralla, as sondaxes feitas no interior non axudaron. "Si atopamos fragmentos de palla barro", explica Vilas, "o cal é coherente coas datacións tan temperáns do castro". Precisamente, as datacións tomadas no nivel fundacional da muralla sitúan a Penas do Castelo no selecto clube das primeiras fortificacións da Idade do Ferro en Galicia, cun pé aínda no Bronce final, entre os séculos IX e VIII a.C. Se ben noutros xacementos desa antigüidade teñen aparecido tamén cabanas construídas con palla barro, hai unha gran diferencia: o normal é que esas cabanas veñan acompañadas de todo tipo de obxectos da vida cotiá, como muíños ou fragmentos de cerámica. En Penedos do Castelo non hai nada diso. "Non atopamos paralelos en Galicia, aínda que nos castros antigos asturianos aparecen cousas similares", explica, "pero aínda están algo lonxe das Penas do Castelo".
E iso fai moi relevante o xacemento.
Impronta da porta (vermello) e incendio no exterior da porta (verde). Fotos: Equipo arqueolóxico
"O que puidemos comprobar nesta campaña é que unha das posibilidades, que a fortificación se construíra pero por algún motivo nunca chegara a ser habitada, ficaba xa desbotada. Observamos na muralla moitos traballos de reparación. Precisamente na porta puidemos ver un detalle: parte do muro se lles veu abaixo, e cando o reconstruíron fixérono con moita menos calidade, como para que aguantase e punto", explica Benito. Os arqueólogos fortaleceron esa hipótese dunha muralla que durou moito tempo na campaña deste ano, cando escavaron unha especie de entrada de reforzo antes da gran porta monumental. Aparece unha muralla e descubriron, con sorpresa, que en realidade antes do acceso ao recinto, existía unha porta anterior. Pero moi desconcertante. "Accedían ao castro por unha porta reducidísima, duns 80 centímetros. Só pode pasar unha persoa de cada vez. Hoxe en día non pasaría as normas da lei de Vivenda!", bromea. Vilas non lembra unha solución similar nos castros galegos, que restrinxe moito as posibilidades de uso do acceso e que dificulta os traballos frecuentes nunha aldea agraria. A principal finalidade do xacemento parece ser a protección do seu interior.
A estreita porta exterior. Fotos: Equipo arqueolóxico
A cuestión é que foi precisamente nas portas onde pode radicar outro dos datos que pode axudar a comprender un pouco máis a duración do xacemento. "Ao retirar tres metros de entullo do derrubo da muralla atopamos os ocos onde estaban os postes da porta da muralla. Pero a nosa sorpresa foi atopar a impronta da porta da muralla aínda no solo da porta!", explica o arqueólogo. O que ten intrigado a Vilas é que a excepcionalidade da conservación do portón veu dado por un incendio. "Estamos pensando que se cadra non foi un incendio casual ou fortuito por un motivo. Porque nun incendio habitual o lume chega un momento que está estendido por todas partes. Pero en Penas do Castelo o incendio vén desde o exterior e remata na porta. É dicir, o nivel de queimado está por fóra da porta, pero non para o interior".
Todo parece indicar que este colapso de lume rematou co uso de Penas do Castelo. "Iso vainos permitir determinar a cronoloxía final do xacemento en relación a esa data fundacional do século IX ou VIII a.C. que nos aparece na construción da muralla". Afortunadamente puideron tomar todo tipo de mostras dos carbóns para poderen ser analizados por unha especialista nos vindeiros meses e determinar de que madeira estivo feita a porta.
"Se cadra este lugar empregouse para gardar algo. Ou teña que ver coa extracción do novo mineral, o ferro, que se estaba descubrindo neses momentos", especula Vilas. De feito, non é frecuente atopar escouras de ferro en xacementos tan antigos en Galicia.
Petróglifo aparecido no derrubo da porta. Fotos: Equipo arqueolóxico
Se xa había poucas preguntas nas Penas do Castelo, durante a campaña apareceulles un obxecto intrigante. Trátase dun petróglifo gravado nunha lousa que se atopaba no derrubo da porta. Varias filas de coviñas parecen estar aliñadas. "O primeiro que nos leva a pensar é nun taboleiro de xogo", explica Vilas, "pero tamén os que se teñen atopado en castros galegos son máis recentes. Non sabemos exactamente de que se trata, pero é inevitable non pensar nalgún tipo de entretemento".
Unha cousa poden ter clara os visitantes que se acheguen ao emprazamento espectacular do xacemento e aprecien o angosto acceso inicial e a magnitude monumental dunha porta que leva aí tres mil anos: as preguntas arqueolóxicas que está facendo o xacemento non teñen un tamaño menor.