As escavacións desvelan unha muralla de enormes dimensións nunha fortificación da Pobra do Brollón

As defensas contan "cun sistema construtivo moi orixinal"

9/9/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniohistoria
28 lecturas | Compartido 0 veces

As Penas do Castelo (Pobra do Brollón). Foto: Proxecto Penas do Castelo

En xuño dabamos conta dos inicios dos traballos para recuperar unha fortificación de feitura pouco habitual na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón, Lugo). O xacemento, chamado As Penas do Castelo, ubicábase nunha zona de forte pendente sobre o río, aínda eran visibles unhas grandes murallas e foxos e dubidábse sobre a súa cronoloxía: considerábase a posibilidade de ser un castelo altomedieval, pero tamén outra fortificación anterior. Agora remataron a primeira campaña de sondaxes, financiada pola Consellería de Cultura da Xunta, e os resultados son moi visuais: a gran muralla que se apreciaba baixo a vexetación duplicaba as estimacións iniciais dos arqueólogos, de tres metros de ancho, e resultaba contar con seis metros de grosor. A muralla foi construída en seco, sen argamasas, e segundo o equipo investigador ten "un sistema construtivo moi orixinal". Consiste nunha "especie de módulos que reforzan a estrutura, transversais, no interior da propia muralla". O obxectivo, segundo Benito Vilas, foi axudar a resistir a enorme pendente sobre a que estaba construída. "Para probar a súa efectividade non hai máis que ver o estado de conservación", sinalou Benito Vilas, da empresa Árbore Arqueoloxía e director da intervención. Os arqueólogos recolleron diversas mostras para tentar datar a construción do castelo, que segue a ser unha incógnita. O proxecto foi promovido polo concello da Pobra do Brollón, a Asociación de veciños de Salcedo e a comunidade de montes da parroquia,

Universo culturagalega.gal

16/09/2024

O castro menos castro

A nova intervención en Penas do Castelo desvela unha estrutura inédita na Idade do Ferro galega

23/12/2021

Un castro entre dous mundos

Datacións presentadas hoxe revelan que o castro de Penas do Castelo (A Pobra do Brollón) é un dos máis antigos de Galicia

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados