Desde o primeiro momento que os técnicos accederon ao castro de Penas do Castelo (Salcedo, A Pobra do Brollón) para iniciar a primeira campaña de excavacións, en xuño de 2021, decatáronse de que algo non cadraba. O xacemento, empoleirado nunha fortÃsima pendente e cunha rexa muralla de pedra de seis metros de altura, non parecÃa adaptarse aos parámetros habituais da Idade do Ferro. O equipo de intervención manexaba diferentes conxeturas. PoderÃa ser unha fortificación tardoantiga ou altomedieval? Ou se cadra un castro mineiro asociado aos inicios da ocupación romana, similar aos que se atopan no Courel? CompartÃa con aquelas pequenas fortificacións das montañas os grandes foxos escavados na rocha e murallas monumentais que contrastaban cos interiores pequenos.
Hoxe á mañá déronse a coñecer en Salcedo (A Pobra do Brollón) os resultados das datacións levadas a cabo pola edafóloga Cruz Ferro dentro deste proxecto arqueolóxico financiado pola Xunta de Galicia e que conta coa colaboración do concello da Pobra do Brollón, a Asociación Veciñal e a Comunidade de Montes de Salcedo. Os resultados revelan que en efecto habÃa motivos fundados para dubidar.
Segundo as datacións de Carbono 14, a muralla foi construÃda entre os séculos VIII e IX a.C. Isto converte ao xacemento "nun dos castros documentados máis antigos de Galicia", nun momento de transición entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro. As mostras de terra foron tomadas "en puntos clave do momento de construción da muralla", segundo Ferro, e "a coherencia de resultados entre as tres mostras fainos altamente fiables", sinala.
Penas do Castelo pasa a formar parte do reducidÃsimo 'clube' das fortificacións prehistóricas máis antigas do noroeste peninsular, moi anteriores aos castros máis coñecidos do paÃs. Boa parte das murallas dos castros galegos máis escavados, como Baroña, o Trega ou Viladonga, corresponden a cronoloxÃas que se moven entre o século IV ou III a.C. ata a época romana. Penas do Castelo é notablemente anterior, e ofrece unha perspectiva privilexiada sobre o momento no que nacen os castros como arquitectura defensiva en Galicia ao final da Idade do Bronce, nun momento de importantes transformacións sociais.
Modelo dixital do terreo baseado en datos LIDAR de Penas do Castelo. Imaxe: Manuel Gago
Un dos fenómenos intrigantes está na propia toponimia do lugar: o Castelo. "Non é casual que se lle chame castelo e non castro. Para a sociedade tradicional, isto non é un castro como pode ser o da Roda, tamén en Salcedo", apuntaron os membros do equipo.
Segundo Benito Vilas, director da intervención, a excepcionalidade do xacemento ten que ver coa súa propia arquitectura. "Cando noutros lugares de Galicia aÃnda están construÃndo con paus, palla e barro, esta comunidade dotouse dunha muralla de pedra de seis metros de ancho, cunha ténica moi depurada. De onde vén ese coñecemento?", pregúntase o arqueólogo. A hipótese coa que traballa o equipo é que este insólito e difÃcil emprazamento pode ter que ver co control dos recursos da zona. "Atópase nun territorio de coñecida riqueza mineral, e determinados metais como o ferro serÃan estratéxicos. Sospeitamos que este feito pode estar detrás da localización tan atÃpica, en ladeira, ou do extraordinario tamaño das murallas".
Con todo, o xacemento sitúase cronoloxicamente nun dos periodos máis intrigantes da nosa historia, nesa transición entre a Idade do Bronce e do Ferro. "Estamos na bisagra entre un mundo de estruturas perecedoiras, máis de camping e un mundo de edificios para durar, máis de aldea", sinalou Benito Vilas, quen considera que Penas do Castelo pode contribuÃr a entender as transformacións sociais que deron lugar á sedentarización das comunidades e as "tensións territoriais" que isto puido ter provocado.
"É moi curioso ver como as construcións desas primeiras comunidades que se asentaron no noso territorio", sinala Marisa Defente, representante da Asociación Veciñal e da Comunidade de Montes, "axudan agora ás que se cadra somos as últimas comunidades a crear identidade e recursos para seguirmos aquÃ".
A ConsellerÃa de Cultura sinalou que os resultados "son de sumo interese no marco da candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra".