
A entidade local reservou os tres primeiros dÃas para visitas colectivas de entidades galegas de memoria histórica, que se farán e colaboración coa Asociación Irmáns Suárez Picallo. As reservas pódense facer para o dÃa catro e seguintes, no mail reservaspazodemeiras@sada.gal ou a través dos teléfonos 981620075(Ext 264) ou 638421054. As reservas para grupos deberán realizarse exclusivamente por correo electrónico.
No percorrido "ofrecerase unha explicación xeral acerca da orixe e evolución da finca, cos dous momentos importantes, época de Pardo Bazán coa construción das torres e a partir de 1938 como uso de residencia de verán de Franco; as fachadas principais das Torres, o Hall, a Capela, a Granxa de Meirás, e o resto do percorrido polos xardÃns: a árbore senlleira (cocoteiro de Chile), bosque de bambús, paseo dos magnolios, ata chega á casa de Xosefa Portela, acabando a visita no Monolito conmemorativo da visita dos Reis en 1927, para despois ter uns minutos de percorrido libre". O Concello advirte que, pola súa extensión, a visita non está recomendada para persoas con mobilidade reducida.