O Concello de Pontevedra programa visitas ao seu Patrimonio Invisible

A iniciativa permitirá coñecer cinco espazos habitualmente fechados entre o 16 e o 18 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O Concello de Pontevedra programa visitas ao seu Patrimonio Invisible

A seguir o ronsel que Santiago de Compostela leva dous anos a desenvolver, tamén Pontevedra anuncia para este verán unha Semana do Patrimonio Invisible. Entre os días 16 e 18 de xullo será posible coñecer, previa reserva e con visitas guiadas para grupos coñecidos, espazos patrimoniais habitualmente fechados na Cidade do Lérez. Segundo anuncia o Concello, a proposta abre en 2020 co Pazo de Mugartegui, Vila Pilar, o cemiterio de San Amaro e o Colexio Sagrado Corazón de Praceres como puntos de interese. A estes súmase, como elemento máis destacado, o Convento de Santa Clara, que acolleu durante séculos unha congregación de clausura nunca foi accesible para o común da poboación.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Pontevedra, Convento de Santa Clara, Lérez, Santiago de Compostela