Un total de 25 visitas guiadas a oito espazos monumentais habitualmente inaccesibles compoñen o programa da primeira Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol. Logo do éxito das edicións que desenvolveu en Compostela e en Pontevedra, esta iniciativa chega á Cidade Departamental entre os dÃas 15 e 18 deste mes de decembro, a descubrir ás persoas interesadas o interior do Pazo do Monte (os dÃas 16 e 17), o Casino Ferrolano (do 15 ao 18), as Fábricas de Ferrol Vello (os dÃas 17 e 18), a Igrexa e o Cemiterio de Serantes (do 15 ao 17), o Pazo Municipal (do 15 ao 17), o Arquivo Militar Intermedio do Noroeste (os dÃas 15 e 16), o Teatro Jofre (os dÃas 15 e 16) e a Estación Naval da Graña (o sábado 18).
A pegada da presenza militar na cidade, o seu pasado industrial, a rica vida cultural vencelladas ao teatro e ás sociedades recreativas ou a importante actividade polÃtica do lugar vense representadas nas diferentes paradas desta proposta. A primeira xeira do evento achega 360 prazas ás persoas interesadas, cun máximo de tres reservas diferentes por persoa. O Concello de Ferrol organiza esta actividade, que xestiona a empresa Trivium.
Programa da Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol