A partir das 17 horas deste 13 de decembro poden reservarse as prazas para a terceira edición da Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol. O Concello acollÃa na mañá do dÃa 12 a presentación deste programa que amosa espazos polo común inaccesibles para o grande público. A empresa Trivium coordina esta proposta que se desenvolve tamén en Pontevedra e Santiago con grande éxito de público.
O programa da nova xeira inclúe 12 visitas a sete espazos, cunha oferta total de 215 prazas. O Arquivo intermedio Militar do Noroeste, o faro de Cabo Prior, o estaleiro Navantia, o pazo municipal, a Estación Naval da Graña e mais o Cuartel de Dolores e Fontelonga recuncan na oferta desta edición. Como novidade, incorpórase ao proxecto a sede da Venerable Orde Terceira franciscana, que recibirá dúas visitas.