A nova semana do Patrimonio Invisible de Compostela ofrece 50 visitas guiadas

Celebrarase entre o 13 e o 17 de setembro

8/9/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Hoxe pola mañá o concello de Santiago presentou a IV edición da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa de moitísimo éxito de pública que desta volta ofrecerá visitas a dez espazos históricos composteláns habitualmente non abertos ao público, en 50 pases que admitirán ata 617 persoas. Entre os espazos deste ano figurarán o Seminario Menor, a Facultade de Xeografía e Historia, o Pazo de Vaamonde, a Tribuna da Catedral, a igrexa e o cemiterio da Orde Terceira e a Zona C, o antigo Concello compostelán situado na praza de Cervantes. O concello destacou o incremento nun 92% do número de prazas da pasada edición. As reservas de prazas poderán ser feitas desde o día 10 a partir das 17 horas no sitio web de Patrimonio Invisible (ligazón embaixo da nova).

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Xeografía, Concello de Santiago, Cervantes...