Ferrol celebra a súa V Semana do Patrimonio Invisible

A actividade abre as súas reservas na mañá deste 20 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: patrimonioturismo
Compartir:
Ferrol celebra a súa V Semana do Patrimonio Invisible

Entre os vindeiros 23 e 27 de febreiro, Ferrol acolle a quinta xeira da Semana do Patrimonio Invisible. O programa que permite visitar espazos históricos habitualmente fechados volta nunha edición que incorpora catro localizacións e fai un total de nove. O prazo para reservar unha das visitas guiadas abre este 20 de febreiro ás 12 horas no web da iniciativa.

As novidades para este 2026 serán a antiga sede do xornal El Correo Gallego, edificio modernista do arquitecto Rodolfo Ucha que o concello adquiriu recentemente, o conxunto formado pola Igrexa de San Francisco e o Parador de Turismo, o colexio Arenales Compañía e mais o pazo municipal.

 

A estas súmanse espazos xa presentes en anteriores xeiras, como o Arquivo Intermedio Militar do Noroeste, situado nun antigo baluarte da muralla, o Faro do Cabo Prior, o Arsenal Militar e a Estación Naval da Graña e mais a Casa Antón, obra tamén de Rodolfo Ucha.

Que che parece esta nova?
168 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio Invisible, Turismo, El Correo Gallego, Arsenal...