A V Semana do Patrimonio Invisible achegará visitas a 10 lugares de Compostela

Celébrase entre o 12 e o 17 de setembro e incorpora unha visita secreta e un percorrido nocturno

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A V Semana do Patrimonio Invisible achegará visitas a 10 lugares de Compostela

O Concello de Santiago acollía na mañá deste 7 de setembro a presentación da V Semana do Patrimonio Invisible. A iniciativa, que achega un total de 50 visitas guiadas a lugares patrimoniais habitualmente fechados, dará a coñecer nesta xeira dez espazos entre os días 12 e 17 de setembro.

O Convento de San Francisco, a Tribuna da Catedral, a capela e o cemiterio da Confraría do Rosario, o antigo curtidoiro que alberga na actualidade a Fundación Laboral da Construción, a facultade de Xeografía e Historia, o Colexio de Fonseca, o Arquivo Histórico Universitario e mais os antigos mananciais de Fonte Branca e Ponte Mantible compoñen os espazos composteláns que se darán a coñecer nesta edición a grupos dun máximo de quince persoas.

O programa complétase cun percorrido pola Compostela oculta na Noite do Patrimonio o día 17 e mais con dúas visitas secretas que se celebrarán na tarde do 16. Para participar no programa cómpre reservar no web da iniciativa, cun máximo dunha visita para dúas persoas por cada solicitante. O prazo de reserva abre o nove de setembro ás cinco da tarde.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio Invisible, Concello de Santiago, Xeografía, Catedral...