Compostela abre unha nova Semana do Patrimonio Invisible con prazas esgotadas

O programa amplíase ata un total de 12 espazos entre os dias 9 e 14 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Compostela abre unha nova Semana do Patrimonio Invisible con prazas esgotadas

A Semana do Patrimonio Invisible chega a Compostela nunha nova xeira de visitas a edificios e localizacións históricas que habitualmente fican fóra do acceso do público. O programa desenvólvese entre os días 9 e 14 de setembro con todas as súas prazas esgotadas. A proposta chega nesta ocasión a unha ducia de espazos, dous máis do que na anterior xeira, entre os que se inclúen seis visitas inéditas.

Deste xeito, repítense na Semana lugares como o Hospital Psiquiátrico de Conxo, o edificio da Facultade de Xeografía e Historia, o cemiterio e a capela do Rosario ou os mananciais de Compostela. Entre as novas localizacións lístanse a fachada e a torre do Tesouro da Catedral, o CSC da Trisca, o Observatorio Ramón María Aller da USC e unha visita secreta.

En total desenvolveranse máis de medio cento de actividades para un total 702 prazas, un 10% máis que as dispoñibles na anterior edición. Aínda que as prazas de todas as actividades están xa esgotadas, é posible aínda apuntarse na listaxe de agarda para as diferentes visitas.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio Invisible, Ramón María Aller, Xeografía, Catedral...