A III Semana do Patrimonio invisible chega a Pontevedra

O ciclo que se desenvolve entre o 14 e o 16 de xullo incorpora novos espazos

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A III Semana do Patrimonio invisible chega a Pontevedra

O pazo de Gandarón, a igrexa e mosteiro de San Salvador de Lérez e o barrio mariñeiro da Moureira son as novas incorporacións á III Semana do Patrimonio Invisible de Pontevedra. O ciclo que permite visitar espazos monumentais habitualmente fechados á cidadanía abriu este 11 de xullo as reservas para participar das visitas.

Canda aos novos espazos, o programa recunca en dous lugares que obtiveron un grande éxito en anteriores xeiras, a sede do Arquivo Histórico Provincial e mais o depósito de auga de Santo Amaro. O ciclo contará cun total de 21 visitas aos diferentes espazos que se desenvolverán entre os días 14 e 16 de xullo, artelladas en grupos máximos de 15 persoas. As reservas poden facerse a través do web da iniciativa.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Patrimonio Invisible, Pontevedra, Lérez

Claves